A memoria do pan

Sabe vostede que o pan deixa rastro, sí señor. Unha rémora de faragullas de centeo na mesa mal labrada. E esa memoria é a que perdura no meu lar aínda que os anos vaian paseniño ao meu lado e a face me tosa tódolos males.

Esa memoria pequena non acaba.

Levamos nós ao Balbino agochadiño ben dentro, onde o frío inverno non lle toca. Protexémolo dos veráns esquecidos no campo e das longas noites coa esmorga.

Galicia chea de soños, baleira de cousas.

Cantares galegos

«Lugar máis hermoso non houbo na terra
que aquel que eu miraba, que aquel que me dera.

Lugar máis hermoso no mundo n’hachara
que aquel de Galicia, ¡Galicia encantada!

Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta,
cuberta de espumas, de espumas que o mare con perlas gomita,
de froles que nacen ó pé das fontiñas.

Fervenza de Augacaída, Ribeira Sacra.
Fervenza de Augacaída, Ribeira Sacra.

De valles tan fondos, tan verdes, tan frescos,
que as penas se calman nomáis que con velos;
que os ánxeles neles dormidos se quedan,
xa en forma de pombas, xa en forma de niebras.»

Cantares Galegos (III) de Rosalía de Castro